lunes, 9 de marzo de 2009

Scat "around the world"

O scat é unha técnica vocal na que a voz é ó mesmo tempo un instrumento musical. Moitas veces a voz non canta palabras senón que se trata unicamente de sonidos, a máis das veces improvisados, cunha gran dose de virtuosismo.
Empecemos na India con Sheila Chandra:


Outro grupo indio fainos esta outra versión...


Dende Irlanda nos chega este tema de Nightnoise "Fionnaghaula"

O mesmo tema interpretado polo gran conxunto vocal Anuna


E dende Escocia a enorme cantante irlandesa Dolores Keane e o seu home John Faulkner facendo o mesmo

E tamén dende Escocia Karen Matheson e Donald Lunny co seu famoso "Puirt a Bheuil"


E dende os EEUU a raiña do scat Ella Fitzgerald cunha delirante versión dunha samba


O gran scatman moderno é sen dúbida Bobby McFerrin. Escoitade a súa versión da "Panteira Rosa"


E para riza-lo rizo a versión disco de Sacatman Joe que non podemos insertar "por solicitude" pero á que podemos acceder de momento neste enlace.

No hay comentarios: