domingo, 25 de mayo de 2008

Lunasa en Tapia de Casariego

Unha actuación do grupo Lunasa en Tapia, no festival interceltico d'occidente, no que se observa ó meu paracer a gran forza deste grupo: as frautas.

jueves, 22 de mayo de 2008

Vujicsics e Andor Vegh (gaita)

O grupo húngaro Vujicsics acompañado do gaiteiro Andor Vegh no ano 2007

"I've seen all good people" de Yes

Unha das grandes cancións de Yes. Xa sabedes Jon Anderson nas voces, Bill Bruford na batería, o mago Rick Wakeman nos teclados e o gran Steve Howe nas guitarras ...

"The model" e "The robots" de Kraftwerk

Para completar có mundo tecno (dos seus comezos) temos do ano 1980 dous temas dun album mítico, "The man machine" do grupo alemán Kraftwerk.
THE MODEL

THE ROBOTS



"Blade Runner" de Riddle Scott con música de Vangelis

A banda sonora de Blade Runner foille encargada a Vangelis que fixo outra obra de arte indisociable hoxe desas imaxes da cidade do futuro...
¿Viches a película? ¿A que esperas?
Aquí tedes algúns momentos memorables...











"Fade to gray" de Visage

Falando de Visage este foi probablement o seu maior éxito. lembrade que logo Midge Ure marchou para Ultravox.


"Vienna" e "The voice" de Ultravox

O grupo de Billie Curry fichou no ano 1980 a Midge Ure que procedía de Visage alcanzando moi pronto o éxito con cancións como estas dúas. Ultravox foi un dos primeiros e para min dos mellores grupos tecno dos anos 80. Para exemplo estos dous videos (ademáis para a época eran uns artistas que coidaban moito a faceta cinematográfica dos videoclips).

Vienna


The voice


Outra gran canción pero menos oscura é esta “Reap the wild wind”



E de regalo a gran canción de Midge Ure, “Breathe”



Vangelis

Un dos temas máis memorables de Vangelis é Alpha do seu disco Albedo 039.
Alguén pode evitar pensar no espacio exterior escoitando esta música. Por certo foi dos primeiros en facelo, lago chegaron outros moitos...


Logo viñeron moitas outras bandas sonoras entre as que podemos destacar as seguintes...

Cosmos


Carros de fuego


Blade Runner



Antartica


Jon & Vangelis

Cando Rick Wakeman abandonou Yes en 1974 este grupo intentou fichar ó teclista grego Vangelis Papatanasiou que proviña do grupo Aphrodite’s child (con Demis Roussos) pero este ó final non se puido incorporar... As fichas movéronse e en 1980 Jon Anderson, o seu cantante deixou tamén a banda temporalmente e formou un dúo con Vangelis.
Unha das máis famosas cancións deste duo é “”The friends of Mr. Cairo”
Por certo saen no video, son o barbas e o seu colega...


Outra das grandes cancións do dúo é este “I’ll find my way home”





"Video killed the radio star" de Buggles

Un video histórioc. Parece que foi o primeiro video clip emitido pola MTV o 1 de agosto do ano 1981.
O grupo estaba formado por Trevor Horn e Geoff Downes que logo colaborarían no grupo YES, sustituindo ó cantante Jon Anderson e ó teclista Rick Wakeman respectivamente. Anderson marchara a colaborar con Vangelis, despois de que a este non lle permitan sustituir a Rick Wakeman por problemas de contrato laboral (era grego e había restriccións para que poidera tocar nun grupo inglés).
Velahí o video

miércoles, 21 de mayo de 2008

"Merry Christmas Mr. Lawrence" de Ryuichi Sakamoto

O tema tal e como sonaba na película!


E a versión orquestal con esceas da película.



Unha versión do trio de Ryuichi sakamoto da súa banda sonora para a película "Feliz navidad Mr. lawrence" de Nagisha Oshima, interpretada por el mesmo e David Bowie.


E a versión con Ryuichi Sakamoto só ó piano...


Unha versión na guitarra da Kaori Muraji


E unha versión delicadísima de Jess Gillam



E para acabar, unha orquesta escolar, a RHS...



viernes, 16 de mayo de 2008

"The fox chase" por Liam O'Flynn

Ten unha pequena introducción falada pero aguantade e veredes e escoitaredes un dos temas máis famosos da música irlandesa, un verdadeiro alarde de música descriptiva, na que a gaita (só a gaita) vai imitar os sonidos da cacería, a súa música, os cans, o raposo,...

Jerry O'Sullivan

Outro dos grandes mestres da gaita irlandesa...

Seamus Ennis

O Deus da gaita irlandesa.
Un verdadeiro virtuoso deste magnífico instrumento.

Outro exemplo do seu virtuosismo...


"Port na gioboige"


E para acabar "Lord Gordon's reel"



"April the 3rd" de Donald Lunny

A renovación da música folk por un clásico da música tradicional irlandesa. No documental da BBC "Bringing it All Back Home" sobre a emigración irlandesa, aparece este temazo con U2, "April the 3rd"


Hai outras xoias musicais neste documental que xa veremos noutra ocasión...

Laurie Anderson

Unha melodia hipnótica... Laurie Anderson en estado puro. "O Superman"


O Superman. O judge. O Mom and Dad. Mom and Dad.
O Superman. O judge. O Mom and Dad. Mom and Dad.
Hi. I'm not home right now. But if you want to leave a
message, just start talking at the sound of the tone.
Hello? This is your Mother. Are you there? Are you
coming home?
Hello? Is anybody home? Well, you don't know me,
but I know you.
And I've got a message to give to you.
Here come the planes.
So you better get ready. Ready to go. You can come
as you are, but pay as you go. Pay as you go.

And I said: OK. Who is this really? And the voice said:
This is the hand, the hand that takes. This is the
hand, the hand that takes.
This is the hand, the hand that takes.
Here come the planes.
They're American planes. Made in America.
Smoking or non-smoking?
And the voice said: Neither snow nor rain nor gloom
of night shall stay these couriers from the swift
completion of their appointed rounds.

'Cause when love is gone, there's always justice.
And when justive is gone, there's always force.
And when force is gone, there's always Mom. Hi Mom!

So hold me, Mom, in your long arms. So hold me,
Mom, in your long arms.
In your automatic arms. Your electronic arms.
In your arms.
So hold me, Mom, in your long arms.
Your petrochemical arms. Your military arms.
In your electronic arms.


E outro tema orientalizante non menos hipnótico... "Kokoku"



Unha peza que descoñecía e que me parece alucinante, "Transitory life".



Agora unha peza algo máis marchosa, "Sharkey´s day"






E de regalo porque todo encaixa aquí tedes unha versión que non coñecía do "Superman" interpretada por David Bowie.



"Caoineadh Cu Chulainn" de Davy Spillane

Vaia instrumento! Que sonoridade!

Pengüin Cafe Orchestra

Clásico, folk, new age,...?
Inclasificable o xenial grupo de Simon Jeffes.

"Air á danser"

"Music for a found Harmonium"



"Telephone and rubber band" (Tokyo 2014)



jueves, 15 de mayo de 2008

GENESIS con Peter Gabriel

Un dos meus grupos fetiche é Genesis pero só nesos anos nos que estaba capitaneado por Peter Gabriel, un dos persoeiros máis salientables do mundo musical...
Este Genesis o coñecía só polos seus LP's e sempre tiven a espiniña cravada de ver comoe eran esos fantásticos espectáculos escénicos dos que falaba todo o mundo e que culminaron na súa xira de "The lamb lies down on Broadway". Pois ben, grazas a youtube pouco a pouco, pilula a pilula fun atopando algunha mostra destos concertso. Aquí van algúns!

Directo na TV Belga en 1972...


"I know what I like"



"Watcher of the skyes" (1973)



The return of the giant Holweed
The Knife

Supper's ready parte 1
Supper's reday Parte 2


"Selling England by the pound" concerto dunha hora.Observade o cambio de atrezzo de Peter Gabriel en todas as cancións...



Para acabar aquí tedes un pequeno resume desa variedade de vestiario de Peter Gabriel...




ONE WORLD ONE VOICE ¿Onde estabas?

Eiquí está ó meu entender un dos máis fermosos e interesantes proxectos musicais de todos os tempos. Máis de 250 músicos facendo unha verdadeira sinfonía global, misturando sons de todos os continentes, cunha montaxe soberbia e con algúns dos máis grandes músicos de todos os tempos e de todos os continentes...
Son 12 partes que atopei, como non en youtube, e que aquí xunto, poñendo se podo o nome dos intérpretes que van a ir saíndo...
Comeza así (con Sting e Africa Mambaata entre outros)

Logo sigue ...

Os Gypsy Kings e Nusrat Fateh Ali Kahn, Laurie Anderson,The Chieftains,...

Outro momento máxico: Peter Gabriel, Milton Nascimento, Joe Strummer, Winton Marsalis,...

E logo en ¿Birmania? e Nustrat Fateh Ali Khan, Peter Tosh,...

Clannad, Geoffrey Oryema, Peter Gabriel,...

E segue: Mari Boine Persen (Sami), uns sudafricanos, Milton Nascimento,...

De novo Peter Gabriel, Geoffrey Oryema, Suzannne Vega, Ryuichi Sakamoto, Lou reed,...

Segue Lou Reed, e logo aparecen Salif Keita (vaia canción memorable), Laurie Anderson, Johnnie Clegg

Lembrade estaba Johnny Clegg, e o van a acompañar Eddie Grant e logo aparecerá David Gilmour.

Bob Geldof coa Orquesta de Leningrado, Terence Trent d'Arby, Mary Boine Persen, uns tambores xaponeses,...

...e un final memorable, un man a man entre as percusións xaponesas e a orquesta Leningrado.!!!!!!!!!!

Resumindo a lista dos que participaron é inmensa: Afrika Bambaataa, Laurie Anderson, Avelha Guarda Da Portela, Bagamoya Players, Cedric, The Chieftains, Clannad, Johnny Clegg & Savuka, Cy Curnin, Terence Trent D'Arby, Dred, Marc Ducret, Peter Gabriel, Bob Geldof, Dave Gilmour, Egberto Gismonti, Kevin Godley, Eddie Grant, The Great Muungano Cultural Troupe, Richard Galliano, The Gipsy Kings, Rupert Hine, Chrissie Hynde, Howard Jones, Salif Keita, The Kodo Drummers, Helen Labarriere, Leningrad Symphony Orchestra (Conductor Alexander Dimitriev, Orchestration Simon Jeffes), Ray Lema, Roger Ludvigsen, Maria McKee, Milton Nascimento, Native Land & Themba, New Frontier, New voices of freedom, Nu Sounds, Nusrat Fateh Ali Khan, Remmy Ongala & The Super Matimala Orchestra, Geoffrey Oryema, Hermeto Pascoal, Penguin Cafe Orchestra, Mari Boine Persen, Courtney Pine, Hossam Ramzy, Enrico Rava, Lou Reed, Robbie Robertson, Michael Rose & Junior, Ryuichi Sakamoto, Clara Sandroni, Shakespear's Sister, Steve Stevens, Dave Stewart and The Spiritual Cowboys, Sting, Joe Strummer, Steven Van Zandt, Suzanne Vega, Venice, Christopher Warren-Green, Adam Woods and Guo Yue...

martes, 13 de mayo de 2008

E máis de Clannad...

Clannad foi unha das grandes sorpresas no meu achegamento paulatino á musica tradicional irlandesa. Non era o folk que estaba afeito a escoitar e os seus ritmos misteriosos e as súas voces "célticas" estimularon o meu maxín dun xeito extraordinario...

Comezarei por "Siuil a Run" do ano 1978,  unha das cancións que ensinan mellor a personalidade e carácter deste grupo irlandés, apoiado nuns fermosos xogos vocais e unha instrumentación moi sinxela pero contundente.


Outro tema elocuente sobre o achegamento de Clannad á música folk. "Coinleach Glas an Fhómhair"
Disfrutade...


E outra máis na mesma dirección, "Níl Sé'n Lá".



E por suposto o tema principal da película "Harry's Game", unha das melodías máis fermosas dos últimos tempos e que aquí en España difundiu o gran Ramón Trecet ó poñela como sintonía do seu programa musical "Diálogos Tres". Non é o típico son Clannad que me cautivara ó principio pero é un tema extraordinario...



Dulaman (Algas de mar)

A canción Dulaman é unha fermosa canción irlandesa que grabou o grupo Clannad no ano 1976. A canción fala da tradición irñandesa como de moitas rexións atlánticas de recoller algas no mar para abonado,  como comida ou para acompañar os baños.

Versión de Clannad en directo en Filadelfia (2012)

Tamén Altan fixo unha fermosa versión deste tema...



Unha versión extraordinaria nas voces do grupo Anuna, a Irlanda máis arcana.



Vesión coral de "The Choral Scholars of University College Dublin"


Música tradicional china

The Chieftains: "Full of joy" (música chinesa)

“Full of joy”


Tema coa RYU’s orchestra



Máis música china: Frauta, banjo, citara e "erhu"

Só de Pipa (música china)

Só de táboa e Raga: Ravy Shankar (Sitar) e Alla Rakha (Táboa)

Só de táboa precedido por unha lixeira explicación ds posibilidades musicais da táboa feita por Ravy Shankar: extraordinario.

Seguido dun Raga: Rag Carukashi