lunes, 9 de marzo de 2009

Scat "around the world"

O scat é unha técnica vocal na que a voz é ó mesmo tempo un instrumento musical. Moitas veces a voz non canta palabras senón que se trata unicamente de sonidos, a máis das veces improvisados, cunha gran dose de virtuosismo.
Empecemos na India con Sheila Chandra:



Outro grupo indio fainos esta outra versión...

Dende Irlanda nos chega este tema de Nightnoise "Fionnaghaula"



O mesmo tema interpretado polo gran conxunto vocal Anuna

E dende Escocia a enorme cantante irlandesa Dolores Keane e o seu home John Faulkner facendo o mesmo
E tamén dende Escocia Karen Matheson e Donald Lunny co seu famoso "Puirt a Bheuil"

E dende os EEUU a raiña do scat Ella Fitzgerald cunha delirante versión dunha samba

O gran scatman moderno é sen dúbida Bobby McFerrin. Escoitade a súa versión da "Panteira Rosa"

E para riza-lo rizo a versión disco de Sacatman Joe que non podemos insertar "por solicitude" pero á que podemos acceder de momento neste enlace.

Peter Gabriel con Youssou N'Dour

Peter Gabriel traballou tamén con Youssou N'Dour en "In your eyes" (no ano 1998 no concerto por Amnistía Internacional en París). Olládea en dúas partes.



E por suposto o himno á liberdade e a xustiza "Biko"

Peter Gabriel presenta:

Peter Gabriel presentounos (ós que estivemos atentos) un montón de novas músicas das que eiquí temos unha pequena mostra:
Levon Minassian ó Duduk (Armenia) música que empregou na BSO de "A derradeira tentación de Cristo"



Con Nusrat Fateh Ali Khan en "In your eyes"



e "Signal of Noise"

"The lamb lies..." de novo ¡Vaia sorpresa!"

Non é Peter Gabriel pero promete moito a representación integra da maravillosa obra dos petergabrielgenesis...
Xulgade:


Podedes atopara obra creo que completa en Smiroldo.

Gracias youtube!

Son un apaixonado do Genesis de Peter Gabriel dende que os coñecín, ¡xa fai moito tempo!
Busquei e busquei o video de "The lamb ..." e non o din atopado en ningures, pere hete aquí que gracias a youtube e a usuariso como Tommygun1028 e outros temos a nosa disposición unha pequena colección desta época. Espero que os disfrutedes coma fago eu:

"Fountain of Salmacis"



"Twilight alehouse" (para min unha canción pouco coñecida)


"Dancing with the Moonlit Knight" Vaia maravilla, Peter Gabriel en estado puro. Vaia actor.


"Watcher of the skies" (1973)

martes, 3 de marzo de 2009

Nureyev e... !Peggy¡

Un gran baile do fantástico Rudolf Nureyev no show dos teleñecos.
Hai que rirse un pouco...