domingo, 18 de septiembre de 2016

miércoles, 15 de junio de 2016

lunes, 18 de enero de 2016

De diaños..

Cando penso en diaños, bruxas e aquelarres sempre se me ocurre a mesma canción, o O Fortuna De Carl Orff... Por que será?


Claro que todo esto foi antes de ver "Las brujas de Zugarramurdi" de Alex de la Iglesia e escoitar este impresionante (IMPRESIONANTE)  tema de Mikel Laboa... Como anel ó dedo!!!

E que dicir se é o propio diaño o que se nos presenta... (Por certo a John Lennon lle encantaría ter escrito esta canción, como se pode ver no video)



E cambiando de tercio, e de estilo, aquí temos outra testemuña do mesmo Lucifer...

Estamos avisados e sabemos o seu número, o 666, como nos explica a doncela de aceiro!







lunes, 11 de enero de 2016

Deica logo, David!

Adiós, David, Ata Pronto!!! Foise Bowie, o camaleón do rock, o rei do glam, o home que baixou á terra ou simplemente, Ziggy Stardust, un heroe neste decadente mundo da música rock...
 illustration animated GIF

Velaiquí van algunhas das xoias deste monstruo. Comezo cunha canción da que non é autor pero que parece que lle vai como anel ó dedo... "Wild is the wind" de Tiomkin e Washington... Cantas veces a escoitei no solpor da praia de Valdoviño nunha máquina de música no bar el Palmar... A quen se lle ocurriría mercar este single para unha máquina dun sinxelo bar de pobo. Grazas!!!


Outra xoia, esta vez froito da colaboración con Queen, "Under Pressure"


E outra colaboración impagable, "This is not America", esta vez con Pat Metheny, o xenial guitarrista que tedes que coñecer se é que non o coñecedes. Parta da banda sonora de "The falcon and the snowman":
   

Unha canción de anticipación apocalíptica... E se só quedasen cinco anos de vida para o planeta?



E outra pequena xoia, e xa van... da que non se fala a miudo pero que gozada...
   

E moi parecida un homenaxe a Dylan "Song of Bob Dylan" . De ben nacidos é ser agradecidos!