miércoles, 9 de junio de 2010

Nusrat Fateh Ali Khan

Nusrat Fateh Ali Khan era considerado o rei do qawali, unha música relixiosa pakistaní na tradición mística do islam ou sufismo que pretendía acadar o éxtase relixioso a través da música. Vou intentar poñer algúns exemplos máis tradicionais do que é esta música pèro tamén algún fragmento da música máis de vangarda que tamén traballou este extraordinario cantante coñecido por ketama como "o camarón de la india" e considerado por moitos como unha das mellores voces do século XX.
Trascendede o étnico da súa música e quedádevos co seu valor musical, a súa capacidade de improvisación (jazz?, flamenco?), o seu ritmo contaxioso, o seu tono suxerente do que é o "oriental"...

Ahí vai o primeiro video no que se pode observar o que é o seu tradicional conxunto acompañante, incluído o seu irmán.


Este é un fragmento dunha actuación en Londres onde podemos observar a súa capacidade de improvisación ¿scat?

Dentro da vertente máis tradicional do qawwali está este "Allah Hoo".


Ou esta maravillosa "Sanson Ki mala pe"


E a miña preferida de todas as cancións de Nusrat "Teri Bina" en directo.


Sen sairmos da India podemos escoitar esta fermosa canción de amor a xeito videoclip de Bollywood


Pero Nusrat tamén "coqueteou" coa música moderna e occidenatal como nestas maravillosas cancións con Eddie Vedder, o cantante de Pearl Jam, e que se usaron na banda sonora da oscarizada película "Pena de morte". Disfrutade...


Por último unha canción ¿disco? de Nusrat "Mustt Mustt"