sábado, 16 de enero de 2010

"A lenda do pianista sobre o océano"

Só vin de Giuseppe Tornatore a película (maravillosa) de Cinema Paradiso, cunha non menos maravillosa música de Pois do mesmo directar acabo d epillar en youtube estos dous fragmentos da súa película "A lenda do pianista sobre o océano", na que se conta a historia dun gran pianista que vive e traballa nun trasatlántico de luxo do cal non sae baoxo ningún concepto. Nestes fragmentos asistimos a un hipotético duelo entre el e o gran jazzista Jelly Roll Morton (presentado coma un soberbio incomparable).
Disfrutade e a ver se coma min podemos ver pronto a película...
Parte 1

Parte 2

Keith Jarrett

E xa que estamos con pianistas, que dicir de Keith Jarrett. Para todos os que disfrutamos do maravilloso concerto de Colonia, e dos seus increíbles standards, agora en youtube podemos disfrutar da súa personal forma de interpretar. Escoitade o seu "Summertime", pero sobre todo observádeo e opinade.

"Time remembered" de Bill Evans

O jazz en estado puro. Un dos mellores pianistas do jazz e unha das máis máxicas e cautivadoras interpretacións de toda a historia.

"Send in the clowns" de Sarah Vaughan

Posiblemente a mellor versión desta sublime canción. ¿Quen é capaz de non conmoverse con esta canción e sobre todo con esta interpretación?

Máis scat ...con Al Jarreau

O maravilloso tema "Take five" de Dave Bribeck nan increíble versión de Al Jarreau. ¡Vaia voz!