Velaiquí van algunhas das xoias deste monstruo. Comezo cunha canción da que non é autor pero que parece que lle vai como anel ó dedo... "Wild is the wind" de Tiomkin e Washington... Cantas veces a escoitei no solpor da praia de Valdoviño nunha máquina de música no bar el Palmar... A quen se lle ocurriría mercar este single para unha máquina dun sinxelo bar de pobo. Grazas!!!
Outra xoia, esta vez froito da colaboración con Queen, "Under Pressure"
E outra colaboración impagable, "This is not America", esta vez con Pat Metheny, o xenial guitarrista que tedes que coñecer se é que non o coñecedes. Parta da banda sonora de "The falcon and the snowman":
Unha canción de anticipación apocalíptica... E se só quedasen cinco anos de vida para o planeta?
E outra pequena xoia, e xa van... da que non se fala a miudo pero que gozada...
E moi parecida un homenaxe a Dylan "Song of Bob Dylan" . De ben nacidos é ser agradecidos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario