jueves, 10 de septiembre de 2009

Inspiracións?

Hai un grupo australiano "Axes of awesome" que recolle 65 cancións que teñen a mesma sucesión de acordes e que eles enlazan con moita elegancia e humor. Nesta páxina tedes tamén unha lixeira explicación.
Tamén o humorista ou cantante Paravonian nos ofrece unha visión semellante do famoso canon de Pachelbell. Disfrutadeo!

sábado, 1 de agosto de 2009

Bateristas: os mellores




Na revista tiramillas atopei este especial sobre os 10 mellores bateristas do mundo. É unha boa oportunidade de saber algo máis sobre este instrumento e de paso disfrutar con algúns solos magníficos...

martes, 21 de julio de 2009

Rufus Wainraight "Across the universe" "Oh what a world"

Unha hipnótica versión dunha hipnótica canción dos Beatles. Vaia maravilla
Olládea neste enlace...



E que dicir da fantástica "oh what a world" con ese final Raveliano e de novo hipnótico.

Música "Forró" de Brasil.

A música do Nordeste de Brasil. Caña pura. Coñecín esta música grazas os recopilatorios de música étnica producidos por David Byrne (o líder dos Talking Heads).
Dominguinhos, Luis Gonzaga, Sivuca,... Disfutade deles:
Comezamos con Luis Gonzaga e Dominguinhos.


Ahí van Dominguinhos, Sivuca e Oswaldinho.


lunes, 9 de marzo de 2009

Scat "around the world"

O scat é unha técnica vocal na que a voz é ó mesmo tempo un instrumento musical. Moitas veces a voz non canta palabras senón que se trata unicamente de sonidos, a máis das veces improvisados, cunha gran dose de virtuosismo.
Empecemos na India con Sheila Chandra:



Outro grupo indio fainos esta outra versión...

Dende Irlanda nos chega este tema de Nightnoise "Fionnaghaula"



O mesmo tema interpretado polo gran conxunto vocal Anuna

E dende Escocia a enorme cantante irlandesa Dolores Keane e o seu home John Faulkner facendo o mesmo
E tamén dende Escocia Karen Matheson e Donald Lunny co seu famoso "Puirt a Bheuil"

E dende os EEUU a raiña do scat Ella Fitzgerald cunha delirante versión dunha samba

O gran scatman moderno é sen dúbida Bobby McFerrin. Escoitade a súa versión da "Panteira Rosa"

E para riza-lo rizo a versión disco de Sacatman Joe que non podemos insertar "por solicitude" pero á que podemos acceder de momento neste enlace.

Peter Gabriel con Youssou N'Dour

Peter Gabriel traballou tamén con Youssou N'Dour en "In your eyes" (no ano 1998 no concerto por Amnistía Internacional en París). Olládea en dúas partes.



E por suposto o himno á liberdade e a xustiza "Biko"

Peter Gabriel presenta:

Peter Gabriel presentounos (ós que estivemos atentos) un montón de novas músicas das que eiquí temos unha pequena mostra:
Levon Minassian ó Duduk (Armenia) música que empregou na BSO de "A derradeira tentación de Cristo"



Con Nusrat Fateh Ali Khan en "In your eyes"



e "Signal of Noise"

"The lamb lies..." de novo ¡Vaia sorpresa!"

Non é Peter Gabriel pero promete moito a representación integra da maravillosa obra dos petergabrielgenesis...
Xulgade:


Podedes atopara obra creo que completa en Smiroldo.

Gracias youtube!

Son un apaixonado do Genesis de Peter Gabriel dende que os coñecín, ¡xa fai moito tempo!
Busquei e busquei o video de "The lamb ..." e non o din atopado en ningures, pere hete aquí que gracias a youtube e a usuariso como Tommygun1028 e outros temos a nosa disposición unha pequena colección desta época. Espero que os disfrutedes coma fago eu:

"Fountain of Salmacis"



"Twilight alehouse" (para min unha canción pouco coñecida)


"Dancing with the Moonlit Knight" Vaia maravilla, Peter Gabriel en estado puro. Vaia actor.


"Watcher of the skies" (1973)

martes, 3 de marzo de 2009

Nureyev e... !Peggy¡

Un gran baile do fantástico Rudolf Nureyev no show dos teleñecos.
Hai que rirse un pouco...