Mostrando entradas con la etiqueta brel. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta brel. Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de enero de 2016

De diaños..

Cando penso en diaños, bruxas e aquelarres sempre se me ocurre a mesma canción, o O Fortuna De Carl Orff... Por que será?


Claro que todo esto foi antes de ver "Las brujas de Zugarramurdi" de Alex de la Iglesia e escoitar este impresionante (IMPRESIONANTE)  tema de Mikel Laboa... Como anel ó dedo!!!

E que dicir se é o propio diaño o que se nos presenta... (Por certo a John Lennon lle encantaría ter escrito esta canción, como se pode ver no video)



E cambiando de tercio, e de estilo, aquí temos outra testemuña do mesmo Lucifer...

Estamos avisados e sabemos o seu número, o 666, como nos explica a doncela de aceiro!







viernes, 4 de enero de 2008

Un volcán chamado Brel

Coñecía a Brel como moitos pola referencia que fixera Aute no seu famoso "Entre amigos" a N eme quitte pas como unha dsa máis fermosas cancións de amor nunca escritas. De ahí pasei a mercar o seu disco con esa canción e empezar a disfrutar das súas cancións ás que como ademáis, son de francés, tiña una cceso tamén ás súas letras o que sen dúbida é un valor fundamental. Boas cancións, boas letras, e boas interpretacións de Brel... Xa estaba, xa disfrutaba de Jacques Brel, pero aínda me faltaba unha pata do banco que me ofreceu, mirade que curioso e pouco predicible, Ramón Trecet! Que fixo o bó de Trecet, pois comentar nun programa no que o entrevistaban que ó melor intérprete en vivo que vira nunca fora Jacques Brel¡ nada de New Age que daquela era doq ue falaba máis, non, Jacques Brel... Pero claro, daquela non había youtube nin nada que se lle parecera polo que aínda tardei algúns anos en poder conseguir algunha grabación en video de Brel inyterpretando estas canción pero a espera non foi en van, cando puiden ver a Brel en acción non parei de flipar e de buscar máis e máis videos del... E agora con youtube, por fin, temos acceso a unha enorme cantidade de videos do autor.
Que mellor para abrir este blogue musical e personal cunha das mellores cancións da historia nunha das súas mellores interpretacións... "Amsterdam" Sobran as palabras!


Escoitade unha versión da mesma canción por David Bowie, áinda que sen imaxes ...
Foi a cara B do primeiro single de Bowie, o que fala moi ben dunha das súas grandes virtudes, detectar o bó e pasar a incorporalo á súa obra. Ten moito mérito que á hora de grabar o seu primeiro disco, el, un artista pop,  escollera esta canción e non outra canción calqueira. Que listo era David!