martes, 13 de mayo de 2008

E máis de Clannad...

Clannad foi unha das grandes sorpresas no meu achegamento paulatino á musica tradicional irlandesa. Non era o folk que estaba afeito a escoitar e os seus ritmos misteriosos e as súas voces "célticas" estimularon o meu maxín dun xeito extraordinario...

Comezarei por "Siuil a Run" do ano 1978,  unha das cancións que ensinan mellor a personalidade e carácter deste grupo irlandés, apoiado nuns fermosos xogos vocais e unha instrumentación moi sinxela pero contundente.


Outro tema elocuente sobre o achegamento de Clannad á música folk. "Coinleach Glas an Fhómhair"
Disfrutade...


E outra máis na mesma dirección, "Níl Sé'n Lá".



E por suposto o tema principal da película "Harry's Game", unha das melodías máis fermosas dos últimos tempos e que aquí en España difundiu o gran Ramón Trecet ó poñela como sintonía do seu programa musical "Diálogos Tres". Non é o típico son Clannad que me cautivara ó principio pero é un tema extraordinario...



No hay comentarios: